XA NON ESTOU AQUÍ

XA NON ESTOU AQUÍ
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491211037
ISBN:
978-84-9121-103-7
Páginas:
216
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible

Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella.
 Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da  necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.

Otros libros del autor

MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
SEGREDOS NO SOLPOR
SECRETS IN THE SUNSET