VITAMINA N. Guía esencial para unha vida rica en natureza

VITAMINA N
Ficha técnica
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS
Año de edición:
Materia
Ecologia y medio ambiente
EAN:
9788416721504
ISBN:
978-84-16721-50-4
Páginas:
320
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,00 €

As probas indican que as experiencias nos espazos naturais
 poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención
 con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade,
 axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía,
 reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes
 para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa
 na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir
 a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade,
 reforzar a ética conservacionista
 Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía
 provocou a aparición do denominado trastorno por déficit
 de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución
 a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos
 o medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamos
 a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes  nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a  exposición á velocidade e á hiperestimulación
 dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse
 a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet
 nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan
 ou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento.

Otros libros del autor

NATURALEZA Y SALUD
VITAMINA N