Un país a medio facer

Un país a medio facer
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Ensayos
EAN:
9788497829335
ISBN:
978-84-9782-933-5
Páginas:
224
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible

Un país a medio facer de Fran Alonso busca as claves da evolución da cultura galega nos últimos vinte anos a través das voces dos protagonistas. Hai 20 anos, as casas de ladrillo sen recubrir constituían, na opinión de Manuel Rivas, unha boa metáfora de Galicia;  un descoñecido Xurxo Souto teimaba en inventar Os Diplomáticos de Monte Alto mentres Reixa preparaba o programa Sitio Distinto para a TVG; Uxía comezaba a súa andaina musical en solitario e o teatro galego vivía días de polémica. Algunhas das entrevistas foron contestadas e, globalmente, reflicten a cultura dun país que buscaba obsesivamente a súa normalidade. Apenas pasaran algo máis dunha ducia de anos desde a fin da ditadura, remataban os 80 ou albiscábanse os desinhibidos 90. A través de entrevistas feitas naquela época, reconstrúese agora o pulso cultural dun tempo en que Galicia era un país a medio facer e vivía ese feito de xeito obsesivo. Logo, o libro salta no tempo e viaxa, vinte anos despois, a unha Galicia que parece normal. ¿E normal? ¿Que cambiou na cultura galega nestes vinte anos?

Otros libros del autor

CIUDADES
POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
Contos nerviosos
SILENCIO
A PUNTA DE PISTOLA