Súbditos ou cidadáns?. Reflexións ante a involución democrática e a lóxica dos poderosos

Súbditos ou cidadáns?
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Sociologia
EAN:
9788491217046
ISBN:
978-84-9121-704-6
Páginas:
256
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

19,00 €

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas  redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque.
 Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise  do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?" vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición.
 A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos,  o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas.
 O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o  espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.

Otros libros del autor

E logo, temos razóns para ser nacionalistas?