Soños de pirata
- Ficha técnica
- Editorial:
- NORDES LIBROS
- Año de edición:
- 2021
- EAN:
- 9788412117127
- ISBN:
- 978-84-121171-2-7
- Páginas:
- 126
- Idioma:
- GALEGO
- Disponibilidad:
- Inmediata: Entrega en 24/48 horas
SOÑOS DE PIRATA é o meu terceiro libro. Ve a luz nuns momentos escuros, tristes, cheos de inquedanzas no conxunto da sociedade, onde o día de mañá non é para moitos e moitas, nin moito menos, un momento de ilusión, senón máis ben o contrario. Mais aínda así este poemario fai un chamamento á ilusión e á esperanza, a non deixarse vencer. Segue a ter un alto contido social e de loita continua, así como o recoñecemento da muller galega na vida e desenvolvemento do país.
SOÑOS DE PIRATA é, pois, un poemario que chama á ilusión, a ver a Luz aínda nas peores situacións. Conta coas fotos da excelente fotógrafa coruñesa Ana Ruiz, como forma de plasmar de forma visual as alegrías, temores e medos da vida.