Sibila

Sibila
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491218913
ISBN:
978-84-9121-891-3
Páginas:
240
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,70 €

É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo; entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo; entre a ansia da  mente e a vontade voraz do corpo.
 En «Sibila», a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.

Otros libros del autor

A BATALLA DA PEQUENA CHAÑAN CURI COCA
ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?
Sol de Inverno
Os ourizos cachos e o gran río gris
Ao pé do abismo