SHANGHAI A BARCELONA

SHANGHAI A BARCELONA
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491215929
ISBN:
978-84-9121-592-9
Páginas:
200
Idioma:
CASTELLANO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,00 €

Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.
 " Shanghai a Barcelona " é unha novela situada nun non-lugar literario  que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona»  co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter  simbólico.
 O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.
 " Shanghai a Barcelona " é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.