Os Estados e Imperios do Sol
- Ficha técnica
- Editorial:
- RINOCERONTE EDITORA S.L.
- Año de edición:
- 2010
- EAN:
- 9788417388461
- ISBN:
- 978-84-17388-46-1
- Páginas:
- 154
- Idioma:
- GALEGO
- Disponibilidad:
- Inmediata: Entrega en 24/48 horas
Os Estados e Imperios da Lúa -xunto con Os Estados e Imperios do Sol- conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol.
Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de ciencia ficción, é fundamentalmente unha obra de crítica ideolóxica inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das que Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. Publicados postumamente en 1657 e 1662, os textos das viaxes permaneceron censurados durante máis de dous séculos.
Enxeñoso, poético e imaxinativo, a ironía do autor é constante e mordaz, sementada entre magníficas descricións con ingredientes alquímicos e requintadas alegorías nunha escrita plenamente barroca. Cyrano de Bergerac forma parte, no século XVII, dese movemento libertino que prefigura a potente maré do XVIII, da filosofía das Luces, a ampla vaga que traerá os principios do Laicismo e da Revolución.