O spleen de París. Pequenos poemas en prosa

O spleen de París
Ficha técnica
Editorial:
LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
Materia
Poesia
EAN:
9788484875178
ISBN:
978-84-8487-517-8
Páginas:
114
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible

Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire interesouse polo poema en prosa. Lembrando a Aloysius Bertrand e o seu Gaspard La Nuit, intentou  «facer algo parecido, e aplicar á descrición da vida moderna, ou mellor dito dunha vida moderna e máis abstracta, o procedemento que el  aplicara para retratar a vida antiga, coas súas rarezas tan pintorescas». Para realizar esta «tarefa», o poeta soñou «co milagre dunha prosa poética, musical pero sen ritmo nin rima, suficientemente flexible e contrastada como para poder adaptarse aos movementos líricos da alma, ás ondulacións do soño, aos sobresaltos da conciencia». Eses intentos deron como obra unha serie de poemas en prosa que apareceron en diversos xornais e revistas e que Baudelaire quixo reagrupar baixo o título de Spleen de París. Con estes «pequenos  poemas en prosa», o poeta afonda tanto na cidade moderna, da que é o primeiro en tirar a poesía, como no seu «vómito confuso», revelando unha escrita pasional e intensa destinada a revolucionar a literatura poética.
 
 O poeta francés, retoma nestes poemas en prosa temas d'As flores do mal, como se quixera reformulalos para mergullar o lector no misterio da creación: o spleen (O reloxo), o ideal (Xa?), a muller (Retratos de  amantes) e a morte. E o lector galego ten nas mans este libro de Baudelaire, traducido por Xela Arias, unidos, non só pola poesía, senón por ser ambos, seguindo a Pierre Bourdieu, unha sección autónoma  da poesía francesa e da poesía galega, respectivamente.

Otros libros del autor

Les flors del mal
El esplín de París
El pintor de la vida moderna
LAS FLORES DEL MAL
Los paraísos artificiales