O peso do cerebro

O peso do cerebro
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491218418
ISBN:
978-84-9121-841-8
Páginas:
216
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

18,00 €

En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús  Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan  esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedellados por completo os seus pensamentos, congrega arredor de si un singular grupo de personaxes mentres procura o xeito de coller unha lancha na que poder cruzar a ría para asistir a unha verbena. A súa neta Paula corre desesperada no  seu auxilio para ver de impedir que poida sufrir ningún dano. Entrementres, agachadas no falso anonimato do pé de páxina, dúas mulleres rexouban sen censura nin escrúpulos acerca de todo canto vai pasando.

Otros libros del autor

LISA DEITADA
Apoteose das perchas
Libro das Alquimias
As humanas proporcións