O PAÍS DO GRAN FURADO. Gañadora II Premio Fina Casalderrey

O PAÍS DO GRAN FURADO
Ficha técnica
Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
Literatura infantil: de 0 a 12 años
EAN:
9788499953243
ISBN:
978-84-9995-324-3
Páginas:
30
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).
 
 «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.
 Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos  deste texto paródico, distópico e humorístico».
 O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que  o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia.
 
 ***
 MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres.
 No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock & roll.
 Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e  alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.

Otros libros del autor

Hotel Cidade Sur