NON O SABEN AS ESTRELAS

NON O SABEN AS ESTRELAS
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491214298
ISBN:
978-84-9121-429-8
Páginas:
96
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

14,60 €

Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a néboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobre rumores de pasos e a desaparición da neve. Castro quere coñecer a terra dos seus devanceiros e a noite antes de partir un irlandés canta  onda unha fiestra cos ollos incendiados. Vidas que se adhiren á conciencia conformando unha familia de voces que poboan o día a día dun hostal de cuartos compartidos no centro da cidade onde o ronsel das súas presenzas desaparecerá, empurrado polo incesante ir e vir doutros viaxeiros.
 Gañadora da XXIV edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, o xurado salientou de Non o saben as estrelas «a súa orixinalidade temática e o carácter innovador dun texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente».

Otros libros del autor

Heidelberg y otros relatos
Lenta demolición