Matarte lentamente

Matarte lentamente
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788499145679
ISBN:
978-84-9914-567-9
Páginas:
168
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,30 €

Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu -continúa-, a unha estratexia planificada. A maioría de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un prazo fixo, sen ningún tipo de risco. Pero non foi así». Unha voz crebada interrompe desde a porta ao avogado: «Aquí vai haber sangue.» Matarte lentamente consolida a liña de modernización radical da novela  negra que Diego Ameixeiras abriu en novelas anteriores como Dime algo  sucio, Historias de Oregón e Todo OK. Dosificación da información, economía expresiva, coidada estrutura de tramas e vidas que van encaixando coma un puzzle son características desta novela impactante e inesquecible que presenta con claridade problemas claves do noso tempo.

Otros libros del autor

Dime algo sucio
La noche del Caimán
A CRUELDADE DE ABRIL
LA CRUELDAD DE ABRIL