MAR...USÍA. Relatos salpresados

MAR...USÍA
Ficha técnica
Editorial:
BAIA
Año de edición:
EAN:
9788499952307
ISBN:
978-84-9995-230-7
Páginas:
144
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

10,00 €

Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos  estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintas historias.
 Como manifesta o profesor, escritor e ensaísta Luís Alonso Gigardo, autor do prólogo da obra: «Velaquí un novo libro de Paco Rivas. Agora un libro de prosa narrativa, de historias do mar e dos mariñeiros, das  faenas de pesca e das súas artes; do mar e dos seus misterios, dos naufraxios, das conversas nas tabernas; de barcos e barcas, da vida da  xente. Todo no reducido ámbito dunha moi concreta xeografía: a Mariña  luguesa, as costas e as augas do norte, Nois, Pena Orxal e outras penas. En Nois precisamente ten o seu pequeno reino privado Paco Rivas; a súa casa é unha pequena atalaia a carón do mar que el coñeceu  dende neno e que aínda hoxe continúa a contemplar, a revivir e reinventar e, como non, a recrealo coas palabras [...]».

Otros libros del autor

O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS
PICARAXADAS
ESCOLMA POÉTICA
DE RIBADEO AO BARQUEIRO
Camiñante de ningures