Irmandiñas

Irmandiñas
Ficha técnica
Editorial:
LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
Materia
Historia
EAN:
9788484874669
ISBN:
978-84-8487-466-9
Páginas:
500
Idioma:
CASTELLANO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

33,35 €

Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto
 irrelevantes. Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades,
 quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorial
 galego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e
 republicano, na defensa da lingua, na escrita... Alí estaban as mulleres
 galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro, para tentar cubrir  un
 inxusto baleiro.
 A través dunha pescuda perseverante en hemerotecas, arquivos,
 fundacións, a través de fontes orais, a autora de Irmandiñas confirmou
 documentalmente que na acción social, cultural e política, tamén estaban elas, mais ese mantelo tan opaco que as cubriu e que apenas deixou pasar unha raiola de luz sobre as súas vidas e accións, foinas
 envolvendo até a actualidade. Todas as que figuran no libro desenvolveron
 a súa actividade no período 1916-1936 e pódense encadrar dentro
 das entidades, asociacións, grupos ou organizacións que encabezan cada capítulo. Mulleres que deixaron a leira decruada e a semente botada. É tempo de recolleita.