IÓN. CICLOPE

IÓN. CICLOPE
Ficha técnica
Editorial:
RINOCERONTE EDITORA S.L.
Año de edición:
Materia
Teatro
EAN:
9788417388577
ISBN:
978-84-17388-57-7
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

15,00 €

Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis descoñecida, trata un mito completamente novo, sen parangón en ningunha obra anterior e probablemente orixinal do seu autor. No plano  argumental e formal marca un punto de inflexión ao guiar o novo camiño do xénero cara ás formas cómicas, melodramáticas e novelescas máis próximas á modernidade, cun ton máis distendido e relaxado, afastado da gravidade, solemnidade e exacerbado dramatismo doutras traxedias. No tocante a Ciclope (ca. 408 a.C.), o seu valor literario e arqueolóxico fican fóra de toda dúbida, posto que estamos ante o único  drama satírico que nos chegou integramente conservado. Ademais de tratarse da única mostra do seu xénero, o atractivo e interese desta obra vense acrecentados polo singular tratamento dun mito tan popular como é o da estadía de Ulises na illa do Ciclope, un dos episodios centrais e máis coñecidos da Odisea homérica.

Otros libros del autor

MEDEA/HIPÒLIT
ANDRóMACA / HERACLES LOCO / LAS BACANTES
Las troyanas
Medea
Alcestis/Medea/Hipólito