IMPERIOS E DANZAS.AS ESPAÑAS PLURAIS DO FRANQ(PREMIO R.PIÑE

IMPERIOS E DANZAS.AS ESPAÑAS PLURAIS DO FRANQ(PREMIO R.PIÑE
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
EAN:
9788491516316
ISBN:
978-84-9151-631-6
Páginas:
288
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

21,00 €

Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade e diversas manifestacións, un discurso e unha praxe da pluralidade etnoterritorial, compatíbel cun valor supremo, a centralidade dunha nación. En España, o nacemento do fascismo estivo ligado a unha reacción contra dos nacionalismos subestatais e a un desexo de reestruturar a relación histórica entre Estado e nación, e por tanto a  inserir novas compoñentes que reflectisen a súa variedade interna, aínda que non en clave política. Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais coma locais, por parte do réxime franquista. O historiador Xosé M. Núñez Seixas estuda a relación entre  diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debates sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas , xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime. PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2020

Otros libros del autor

Las utopías pendientes
HISTORIA MUNDIAL DE ESPAÑA
ESPAÑA EN DEMOCRACIA
Inmigrante Imaxinario