ILLADOS. DIARIO DA PANDEMIA

ILLADOS. DIARIO DA PANDEMIA
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
Materia
Fotografia
EAN:
9788491514800
ISBN:
978-84-9151-480-0
Páginas:
148
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

22,00 €

A primavera de 2020 mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeración. A cámara de Miguel Muñiz condensa, en imaxes, moitas das emocións experimentadas ao longo destes días que transcorreron baixo a sombra da pandemia: o baleiro das rúas, os ollos asustados, a épica da loita,  as historias de camioneiros en tránsito e circos varados nun tempo estraño, escolas desertas e nenos confinados, reencontros e fronteiras , a vida que á fin agroma entre as fendas..Imaxes e textos; literatura  e fotografía; poesía e ensaio. A arte coma unha arma para enfrontármonos ao mundo e dotalo de sentido. Ao xeito de Boccaccio e os seus cen contos do Decamerón, erguéndose, con vitalismo, fronte á peste negra, os textos de María López Sández acompañan e interpretan estas fotografías que lle dan forma ao que sentimos e o integran con tinta imborrable na nosa experiencia.