Fronte da Arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta

Fronte da Arte
Ficha técnica
Editorial:
LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
EAN:
9788484874645
ISBN:
978-84-8487-464-5
Páginas:
146
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

16,95 €

Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle
 un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano,
 na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era
 conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter
 conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes,
 desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que
 deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo
 os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e
 o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo,
 desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa ?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismo de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do
 noso románico e barroco.
 A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a
 reduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artística
 desde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actual da nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes,
 desemellantes mais non incompatíbeis.