Foula e ronsel. ENTREVISTA CON RICARDO CARVALHO CALERO

Foula e ronsel
Ficha técnica
Editorial:
EDITORIAL LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Ensayos
EAN:
9788484874706
ISBN:
978-84-8487-470-6
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible

No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura,
 engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e
 a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo
 biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial
 na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo; un período que se
 desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no
 seu Ferrol natal, o primeiro; en Compostela e Ferrol, o segundo; e en
 Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro.
 As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do  ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de
 Ricardo Carvalho Calero (1910-1941).