Flores de ferro
- Ficha técnica
- Editorial:
- 7
- Año de edición:
- 2020
- EAN:
- 9788491514916
- ISBN:
- 978-84-9151-491-6
- Páginas:
- 432
- Idioma:
- GALEGO
- Disponibilidad:
- Inmediata: Entrega en 24/48 horas
PREMIO GARCÍA BARROS 2020
Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.
María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia? son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.