ESTADO INTERMEDIO, O

ESTADO INTERMEDIO, O
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
Materia
Novela
EAN:
9788491515555
ISBN:
978-84-9151-555-5
Páginas:
192
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

16,50 €

Rexina Vega debuta en Editorial Galaxia cunha novela sublime centrada  na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familia r para facer desaparecer toda memoria. Ao tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aos  infernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa propia memoria. Texto de imaxes luminosas, demóstranos a forza narrativa dunha das escritoras máis singulares da nosa literatura, capaz de crear, como fai nesta novela, un universo absoluto a partir dunha palabra que, máxica, sobrenatural, creadora, nos fai viaxar coa protagonista polas  vidas duns personaxes atrapados, dalgunha maneira, dentro dos propios  traumas. Todo debe arder. Por iso hai que ter claro o pasado. E iso fai a autora, levándonos a un tempo de violencias familiares e acontecementos políticos cruciais tras a morte do ditador; tamén ás vidas que fervían hai unhas décadas cando a liberdade era de estrea. Todo escrito cunha prosa magnética que, coma man de ferro, se nos crava no esterno para obrigarnos a ler e a pensar, a pensar e a revivir. Ata que chegue o lume final, que todo o destrúe.