Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras. Ensino e literatura: Un camiño de ida e volta

Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras
Ficha técnica
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Año de edición:
Materia
Pedagogia
EAN:
9788412253764
ISBN:
978-84-122537-6-4
Páginas:
224
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

15,00 €

Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras: ensino e literatura. Un camiño de ida e volta recolle un abano de traballos asinados por mulleres que sentiron a necesidade, desde as súas atalaias de docentes-investigadoras, de iluminar o labor desas conxéneres que puxeron a semente e fixeron medrar o noso patrimonio cultural.
 Nun primeiro bloque, ?María Victoria Moreno: ensino e literatura?, revísase e ponse en valor o seu quefacer creativo na emerxencia e consolidación do sistema literario infantil e xuvenil galego, así como  a súa axencia renovadora na institución escolar. Este achegamento á autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018 permite aproximarse a outras das pioneiras da literatura galega para as primeiras idades, que tamén conxugaron o binomio ensino-literatura para formar desde a lectura literaria nas aulas.
 A mirada atenta sobre esas ?Nosoutras?, que superaron unha dupla marxinalidade ?a de ser mulleres e escritoras en lingua galega?, amplifícase no segundo bloque centrado na ?Educación literaria e artística?. Nas súas páxinas a muller galega é o epicentro de achegas que transitan entre a crítica textual, as constelacións literarias, as  lecturas coeducativas e a banda deseñada. A referencialidade da muller mantense nas propostas enfiadas desde os códigos doutras manifestacións artísticas como son as cartografías da memoria, o cinema de animación e os autorretratos.