AS ESTACIÓNS DO LOBO

AS ESTACIÓNS DO LOBO
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491215707
ISBN:
978-84-9121-570-7
Páginas:
392
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

21,35 €

É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba «amor». Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo diferente?
 Desde a domesticación ata a liberación salvaxe, Clara tentará, facendo  o camiño inverso do can ao lobo, reconstruírse para reconstruír o mundo que a rodea. Un proceso no que non avanzará soa: Gaia, MK, Aurora, Saínza e unha morea de cans marcarán un camiño no que amar non  consista nos soños que nos venden e se centre en desatar o salvaxe; en atopar a manda.
 Esta nova entrega do Ciclo dos elementos explora os límites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan no día a día dos afectos.

Otros libros del autor

UNHA XIGANTE IRA COLECTIVA
FORA DO NORMAL
GALICIA EN BUS
AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR
A dúbida