As desterradas

As desterradas
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Teatro
EAN:
9788491219064
ISBN:
978-84-9121-906-4
Páginas:
108
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible

Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir.
 "As desterradas" adéntrase no enfrontamento desatado entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado.
 A peza recrea eses días finais no mosteiro de Albeos, dos que non chegou documentación a nós porque, como o Padre Colombás deixou dito, os documentos comprensiblemente escasean porque ninguén ten interese en conservar papeis ou pergameos embarazosos. Lonxe quedaba o tempo no  que os abades de San Bieito de Valladolid se queixaban amargamente do  apoio da curia romana ás monxas galegas: "cada hora nos dicen que nos  han de destruir como los templarios, y aun por tales y peores nos tienen. Pues nuestro santísimo padre el Papa nunca nos llama sino herejes".