A Barcelonesa

A Barcelonesa
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491219149
ISBN:
978-84-9121-914-9
Páginas:
272
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

18,30 €

En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable,  que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística,  os case cen anos de tensión entre a vida familiar e os acontecementos  sociais que conforman as biografías particulares e vontades dos personaxes: a emigración cubana, o retorno triunfal, a guerra, a ruína  económica e a loita pola supervivencia érguense como metáfora do país.
 A memoria vai compondo esta narración a dúas voces nun intento de completar a mera visión individual. Os dous narradores coa mesma partitura interpretan cadencias ben diferentes. O contraste entre a visión sensual e distante coa máis íntima e identitaria permite a contemplación contrastante dun pasado común. O edificio familiar, cumpridos os cen anos, aparece como sede da memoria doméstica e social, lugar onde reclamar os ausentes.

Otros libros del autor

Renacer
Materia de Lucrecio
Follas do bacallau
GALIELEO NO ESPELLO DA NOITE
Aníbal e a pintora