VOLVORETAS DO MEKONG. Caderno de Indochina

VOLVORETAS DO MEKONG
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Poesia
EAN:
9788491214502
ISBN:
978-84-9121-450-2
Páginas:
216
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

18,00 €

No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.
 Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma  un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.
 As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.

Otros libros del autor

TEMPO TRANSFIGURADO
Caderno do Nilo
O paraíso das sombras
Escrita Luz
Euadne