SILENCIO

SILENCIO
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788499146355
ISBN:
978-84-9914-635-5
Páginas:
96
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

12,30 €

Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio.
 A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.
 Con esta novela descubrimos o arrepío que habita no ser humano contemporáneo con só rañar uns centímetros na cotra do cotián, na nosa  vida doméstica.
 Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro.

Otros libros del autor

CIUDADES
POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
Contos nerviosos
A PUNTA DE PISTOLA
Ninguén