Selva negra

Selva negra
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
ISBN:
978-84-7507-808-3
Disponibilidad:
Disponible en 2 semanas

13,10 €
Comprar

O volume ábrese con " A Alemana " , no que Suárez Abel servíndose habilmente do monólgo interior expresa os máis íntimos  sentimentos da protagonista, unha rapaza de dezasete anos que cursa desorientada primeiro de administrativo, separada dos seus país que viven en Alemaña.O segundo dos relatos " Selva negra " , que dá título ó libro, é a continuación do anterior. Mestura o desacougo de Alfredo e Herminia, parella de emigrantes retornados que se establecen nun barciño de estrada, o Selva negra, coa desfeita persoal de Mar, a súa filla, enganchada por unha rede de narcotraficantes. O autor, cunha utilización moi certeira do diálogo, argalla un desenlace brutal e inesperado.O terceiro dos relatos " O Quiquiriquí " é unha nova historia de emigrantes, onde se confrontan, como en todo o volume, a visión do mundo da xeneración adulta co desconcerto inquietante dos mozos do noso tempo.O volume péchase con " Os caprichos de Laura " , onde a habilidade de Suárez Abel no manexo do monólogo interior amósase de novo para descubrí-lo proceso de Laura, unha muller con dous fillos que un día decide muda-lo rumbo da súa vida, farta dunha cotidianidade que a consome.Selva negra son catro contos desesperanzados e inquietantes sobre o noso tempo. O humor, a ironía, a certeira utilización do diálogo e os desenlaces inesperados que argalla Suárez Abel, fan que se lean dun tirón, deixándonos un sabor amargo sobre o tempo no que vivimos.

Otros libros del autor

Nunca te vin chorar
O repenique de Beatriz Goldar
Quiquiriquí e outras narracións, o
Sabor a ti