SALTON NO CAMIÑO

SALTON NO CAMIÑO
Ficha técnica
Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Literatura infantil: de 0 a 12 años
ISBN:
978-84-8464-338-8
Páginas:
68
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

15,00 €
Comprar

?Saltón no camiño? reúne seis relatos do destacado autor estadounidense Arnold Lobel: O Club, Unha casa nova, A varredora, A viaxe, Sempre e Pola tarde. Con cada un dos personaxes
 que atopa no seu longo camiñar, vivirá unha aventura,
 unha experiencia que vai máis aló do que aparentemente amosa. Porque neste libro, o cerne está na propia viaxe.
 As historias de Saltón, incansable camiñante e cidadán do mundo, trazan perfís inherentes á condición humana; transmítenlles
 aos lectores a poesía que se oculta no cotiá. Mentres que para
 o público infantil cada relato é un episodio máis nas peripecias de tan peculiar protagonista, por riba das dificultades que atopa no seu traxecto, os adultos atoparán nesta obra outras lecturas enriquecedoras: entre elas, que a felicidade está nas cousas simples, lonxe de cuestións que nos complican a vida e nos impiden acadar os nosos obxectivos ou gozar do día a día.

Otros libros del autor

SALTAMONTES VA DE VIAJE
Sopa de rato
Tío Elefante
Tío Elefante
El cerdito