ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Ensayos
ISBN:
978-84-9121-253-9
Páginas:
152
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,00 €
Comprar

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que  se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal  protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, "a opresión da muller o seu tema único".
 María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e  o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase  o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.

Otros libros del autor

Son noxento
A boneca de Blanco Amor
Emilia Pardo Bazán
O solpor da cupletista
Meu pai vaite matar