RÍO BRAVO

RÍO BRAVO
Ficha técnica
Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Literatura infantil: de 0 a 12 años
ISBN:
978-84-8464-320-3
Páginas:
96
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

12,00 €
Comprar

Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase
 "Río Bravo", onde os homes son homes e as mulleres tamén.
 Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western»
 e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia para ensanchar o imaxinario colectivo dun xénero
 tan icónico como os filmes de vaqueiros.
 Ambiente de salón e cadea, golpes e caídas, un elenco onde
 non faltan os tipos duros, a muller de mala vida, os indios, un xuíz,
 o telegrafista... Estreado en Santiago en 1990, "Río Bravo"
 é un claro exemplo de que o teatro de Chévere "está feito para ser escoitado e visto ao vivo", explica a compañía. A presente edición, que marca o inicio da Biblioteca de Teatro de KALANDRAKA,
 baséase nunha versión posterior do espectáculo, do ano 2002.

Otros libros del autor

ANNUS HORRIBULIS E OUTROS MUSICAIS