RELATOS PARA TELEVISIÓN

RELATOS PARA TELEVISIÓN
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491214588
ISBN:
978-84-9121-458-8
Páginas:
168
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,00 €

Unha curtametraxe -acerca do paradoxo da literatura como parte da vida- serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fíos que só cobran sentido a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta.
 O conxunto semella inclasificable: a área de descanso da autovía Madrid-Vigo convertida en zona cero dunha invasión alieníxena, un vampiro existencialista que compra compulsivamente, un neno coa capacidade de ver constelacións dentro dunha saia, dous sinistros emprendedores, unha viaxe ao fondo lendario do mesmo atlántico que mudará en épica a distopía. Sobre as rúas de Artabria, en realidade tamén baixo o seu formigón gris, conspiran organismos biocibernéticos -ás veces entrañables, ás veces letais- e un conto deste libro ben podería ser o primeiro do noso idioma deseñado e escrito a partir dunha app, afirmou o autor nunha entrevista. Diversas idades no espazo  urbano que abala de Ferrol á Coruña enmarcan, ademais, certa alegoría  política desde a ollada xuvenil e marxinal, un sórdido matrimonio que  prepara o advento do Anticristo ou ese banquete familiar de clase alta que oculta un terrible segredo.

Otros libros del autor

RESISTENCIA DA AUGA
Fruto do teixo