O NENO MARIÑEIRO

O NENO MARIÑEIRO
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-256-0
Páginas:
144
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

16,85 €
Comprar

Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras.
 Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de " Fins do mundo " e " Profecía do mar " , obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. " O neno mariñeiro "  é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.

Otros libros del autor

Tragaxán e Tragadiño
Curros Enríquez e os gansos
Ser auga, darse na auga. medio seculo: 1958-2008
Carmela e os ladrons
Rata linda de Compostela