O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián

O latexo dunha aula infantil
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
EAN:
9788491514244
ISBN:
978-84-9151-424-4
Páginas:
280
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

19,90 €

Se en Os fíos de infantil as súas autoras apuntaban os vinte fíos ou constantes que deben estar presentes na praxe educativa, en O latexo dunha aula infantil fixan os dez eixos temáticos a abordar nesta etapa  educativa, vinculando sempre a súa cotiandade coa escola.
 
 Que os pequenos descubran quen son e como son, que fan, que coidan, que pasa ao seu redor, que comen, que os (con)move, que poden achegar á comunidade e cara a onde van. Preguntas básicas, elementais pero non  simples, pois son as que se fai calquera persoa adulta cando quere explicarse ante si mesma ou ante os outros. O sorprendente é que estean borradas da face dos desenvolvementos curriculares. Así, nesta publicación recóllense máis dun cento de latexos (experiencias de vida) organizados baixo epígrafes que fan referencia ao coñecemento dun mesmo desde distintas facetas: como individuos, como persoas, como  familiares, como cidadáns, como consumidores ou como activistas culturais, ambientais e sociais