NOVA NURSIA

NOVA NURSIA
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491213796
ISBN:
978-84-9121-379-6
Páginas:
344
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

19,00 €

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un  territorio practicamente inexplorado naquela altura.
 Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos.
 No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto.
 " Nova Nursia " é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.

Otros libros del autor

Oonce portas
Denebola a roxa
A CAIXIÑA DOS RANCORES
¿Quen dá a quenda?
De remate