Mr.Gwyn

Mr.Gwyn
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
EAN:
9788498654684
ISBN:
978-84-9865-468-4
Páginas:
188
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,95 €

Detrás de Baricco están os personaxes que crea, agora o nada convencional Mr Gwyn. Ademais deste personaxe, na novela hai un mangado de historias inesquecibles e unha reflexión fonda sobre a vida  e sobre como vivila. Jasper Gwyn é escritor, reside en Londres e non hai dúbida ningunha de que se trata dun home que ama a vida. Así e todo, está a piques de deixar de escribir; mais a súa non é a crise que afecta os escritores sen inspiración. Quere cambiar de perspectiva, chegar á cerna das cousas. A súa cómplice é unha rapaza que, con devoción apaixonada, rexistra o que pouco a pouco se acaba por converter no misterio de Mr Gwyn. Alessandro Baricco penetra con paso seguro na simetría secreta desta historia, unha fábula contemporánea sobre a ineludible necesidade de vivir sen prescindir do  asombro. Unha novela que, coma un haiku, nos sitúa perante o inenarrable.Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro traducido no ano 2012. Despois de publicar Emaús na súa tradución para o galego, Editorial Galaxia continúa a tirar do prelo as obras do escritor italiano con Mr Gwyn.

Otros libros del autor

SEDA
Tres veces al amanecer
Seda
Sin sangre
City