MATAR O HEROE. Premio Vilar Ponte de Novela 2018

MATAR O HEROE
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
EAN:
9788491513520
ISBN:
978-84-9151-352-0
Páginas:
244
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

23,92 €

PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018
 Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que  lle legou o masacre industrializado. Escríbelle aunha antiga e íntima  amizade, o xendarme René Saint-Rien, con quen compoartiu a tortura e o horror das trincheiras. As súas cartas, á vez laio de despedida e berro de auxilio, adquiren un ton confesional no que o protagonista da  novela repasa os rostros máis escuros da propia existencia e as peripecias que viviu co seu camarada de armas. Será capaz de sobrevivir outra vez? Convertido en taxidermista na Güiana Francesa, loita consigo mesmo e contra uns cobizosos adversarios que trazan un plan para acabar co pouco que lle queda de vida. Nun territorio gobernado polo absurdo, a vida alegre do París fin de siècle, as noites de permiso en Pigalle e a ameaza dos obuses do canón Gran Berta  dan paso ao clima abafante dunha vila illada pola selva.
 Adolfo Caamaño artella unha historia onde o realismo extremo convive coas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina a literatura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición da decisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional  único.

Otros libros del autor

O paxaro do mel