MARGOT SPONER. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia

MARGOT SPONER
Ficha técnica
Editorial:
LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
EAN:
9788484873761
ISBN:
978-84-8487-376-1
Páginas:
128
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Agotado

13,90 €

Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada
 nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era
 un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en
 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se
 someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada
 ?os datos son irregulares?, unha vida de investigación, pero tamén de
 dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar
 na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa
 elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín,
 Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da
 nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media.
 Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia
 entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo
 pagou coa súa vida por defendelos.
 Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora
 e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa
 memoria.