Mar adiante

Mar adiante
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788499140070
ISBN:
978-84-9914-007-0
Páginas:
88
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

10,55 €

Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de  María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola  nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello mariñeiro, que fixo un barco cando soubo que o mestre  ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante,  un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra. No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, que seica querían protexer as colleitas, a historia de amor imposible entre un vagalume e o Luceiro,  que sae antes e marcha despois para que o vexa a súa amada, e mais a de Lola, que lles fixo unha árbore de Nadal con argazos camiñando sobre o mar e logo quedou durmida para sempre.

Otros libros del autor

 A LÚA QUE BAILA
O AMOR E AS PALABRAS
Onde o aire non era brisa
A festa no faiado
Elexías de luz