Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía

Manuel Antonio
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Biografias
ISBN:
978-84-9121-188-4
Páginas:
296
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

19,00 €
Comprar

Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a  vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como  poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro.
 O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco -a rebeldía- para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria -o nacionalismo das Irmandades- cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non  falten as dificultades e os procedementos experimentais -léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos- que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador. En liberdade

Otros libros del autor

Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela
Rafael Dieste, ollar o mundo con sede adiviñadora
Antoloxía de poesía galega erótica e amatoria
O exilio galego