IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. Lecturas de pintura galega

IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE
Ficha técnica
Editorial:
LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
EAN:
9788484873860
ISBN:
978-84-8487-386-0
Páginas:
127
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

14,99 €

Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega
 da primeira metade do século pasado, con especial atención ao
 papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes.
 A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da
 retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século
 XIX até mediados do XX, desde a ?Xeración Doente? até Laxeiro, Eugenio
 Granell, Maruja Mallo ou Seoane.
 A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das fi guras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os
 Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros.
 Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador
 na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que
 este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa
 ?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismos de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No
 caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a
 escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal
 fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.

Otros libros del autor

Un pintor que sabia o que facía
Literatura galega século XX