(G).(03).HISTORIA DA ARTE 2ºBACHARELATO

(G).(03).HISTORIA DA ARTE 2ºBACHARELATO
Ficha técnica
Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
Libro de texto
ISBN:
978-84-96128-10-1
Páginas:
476
Disponibilidad:
Disponible en 2 semanas

36,77 €
Comprar

Este libro está supeditado ao nivel do alumnado ao que vai dirixido co  obxectivo de conseguirmos unha formación, máis que unha información, de quen o utilice.
 
 Valoramos de importancia transcendental que este novo proxecto obedece  ás normas de modificación do currículo (derivadas do RD 231/2002) estabelecidas pola Comunidade Autónoma (publicadas no DOG nº 135 do15/07/02) e que, recolle adaptacións, suxestións e respostas ás necesidades pedagóxicas nacidas da experiencia dos docentes nas aulas.
 
 Tamén consideramos un elemento importante a valorar o feito de que este libro estea feito en Galicia por profesores galegos, o que posibilita tamén un maior achegamento á arte desde o punto de vista de  Galicia.
 
 A metodoloxía aplicada resúmese da seguinte forma:
 
 No primeiro bloque introdúcese ao alumnado no feito artístico en si, as conceptualización da arte e os artistas a través do tempo, os métodos da Historia da Arte e unha guía orientativa sobre como ler as obras de arte.
 
 Nos seguintes faise un percorrido pola Historia da arte, agrupándoos por épocas e/ou estilos. En cada tema empézase facendo unha contextualización da época e/ou o estilo a tratar, relacionando feitos  históricos cos artísticos, o que permita o maior entendemento das obras. Ao final dos mesmos propóñense unha serie de actividades, Traballamos sobre a arte, coas que se pretende a participación activa dos alumnos e alumnas na análise e estudo da arte.
 
 O último bloque, de Conservación e difusión do Patrimonio artístico, refírese á defensa do patrimonio, tendencias, resultados e limitacións, incluíndo unha reflexión sobre o papel dos museos e cara a onde van as tendencias en conservacións na actualidade. Ao final do mesmo inclúe un Apéndice coa lexislación actual sobre museos.
 
 O Glosario final, non exhaustivo, pretende axudar ao coñecemento de termos artísticos en galego.