Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega

Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Ensayos
ISBN:
978-84-9121-187-7
Páginas:
704
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

31,50 €
Comprar

O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica,  morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como  sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as  propiciaron.
 Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou  ás portas do século XVI. É un período moi extenso cuxa exposición non  podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temos sobre o latín galaico e o protorromance galego aínda non nolo permite.  O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galego medio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que  vive certamente asediado por graves problemas, mais sostido por un grupo social aínda numeroso e en condicións de desempeñar todo tipo de  funcións comunicativas.

Otros libros del autor

Papes d´emprenta condenada. Vol.1