ELISA E MARCELA. Amigas e amantes

ELISA E MARCELA
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491214922
ISBN:
978-84-9121-492-2
Páginas:
216
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

17,00 €

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina.
 Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, «temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán». O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor,  reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos feitos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.