DÍAZ CASTR. Poeta en formación

DÍAZ CASTR
Ficha técnica
Editorial:
LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
Materia
Ensayos
EAN:
9788484873792
ISBN:
978-84-8487-379-2
Páginas:
134
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

13,90 €

Sobre a figura do poeta Xosé Mª Díaz Castro (1914-1990), celebrada con todo dereito no Día Das Letras Galegas de 2014, cumpría explicar
 de xeito máis apurado e contrastivo algúns instantes e perfís correspondentes
 ao seu período de formación que o converten nun caso ben máis problemático,
 ?incómodo? e singular do que deixaron consagradas a maioría das  aproximacións bibliográficas que suscitou con motivo da
 citada efeméride.
 A índole das súas primeiras producións poéticas e colaboracións
 públicas na etapa xuvenil revelan un Xosé Mª Díaz Castro identificado
 de cheo cunha ideoloxía politicamente reaccionaria, neoescolástica e nacional-católica da que se enchoupa nas aulas do Seminario de Mondoñedo e no seu propio medio social e familiar. A súa militancia contra a República e contra os valores progresistas transloce no tipo
 de publicacións coas que colabora antes do 36 e no contido, explícito
 moitas veces, dos versos feitos neses anos, tanto éditos como inéditos.
 A ausencia neste mesmo período de toda relación cordial co galeguismo,
 mesmo co de corte confesional, resulta tamén unha evidencia
 que obriga a repensar as pautas e tempos da traxectoria do autor de Nimbos

Otros libros del autor

Acontece ás veces a ternura
Devalar das esperas