CEIBA DE LUZ

CEIBA DE LUZ
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Literatura infantil: de 0 a 12 años
ISBN:
978-84-9121-276-8
Páginas:
344
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

12,15 €
Comprar

O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición  Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac,  ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos  e morte.
 En " Ceiba de Luz " , Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga onde as psicoloxías e as relacións dos personaxes, plasmadas nuns diálogos vivos, evolucionan no tan vizoso como abafante  ambiente da selva amazónica. Como pano de fondo, a natureza virxe converxe coas culturas ancestrais para crearen un poder que se enfronta, desde o misterio, ao egoísmo e a superficialidade da sociedade en que vivimos.

Otros libros del autor

Cegoñas no fondo da ría
Mundo arb
Atl
Ella encuentra un hombre
Irmán do vento