CAMIÑAR O VIGO VELLO

CAMIÑAR O VIGO VELLO
Ficha técnica
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
EAN:
9788491213260
ISBN:
978-84-9121-326-0
Páginas:
184
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

20,00 €

De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos -nalgúns casos inéditos a día de hoxe-. Pero en realidade este libro é outra cousa...
 É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e  historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo,  esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que  os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario.
 Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello,  e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.

Otros libros del autor

SEN PIEDADE
Los hijos del mar
LOS HIJOS DEL FUEGO
OS FILLOS DO LUME
La memoria de la lluvia