BREVEDUME

BREVEDUME
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
Materia
Ensayos
EAN:
9788491513513
ISBN:
978-84-9151-351-3
Páginas:
224
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

18,70 €

(A vida feita anacos)
 A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentan desde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a  custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a que artella e determina o percorrido das reflexións irónicas, os paradoxos  elucidatorios e as certezas imperfectas anotadas desde 1998 a 2018. O  libro segue un percurso: o da relación entre quen escribe -e cre que pensa- e o mundo, esa existencia estraña que o escritor ten diante e á  que custa manterlle o paso, e o pulso, un mundo que o autor confronta  unhas veces con delectación, outras con perplexidade, algunhas con xenreira. As máis, co humor dun desenganado a quen non lle falta achego polo que observa e como homenaxe ás posibilidades que xorden de  combinar a razón e a imaxinación nun molde literario. Laiábase Talleyrand de que non dispuxera de tempo abondo para ser breve. O autor desta Vida feita anacos tívoo, velaquí vinte anos estrullados, dixeridos e deitados no papel, que a bo seguro han ter continuidade porque, mentres haxa abraio, haberá literatura.

Otros libros del autor

PENSAMIENTOS IMPUROS. (INVERSA)
Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida
Ser ou non
(g).na maleta.(medusa)
Eu é