A TRAVS DO FUME. Premio Torrente Ballester 2017

A TRAVS DO FUME
Ficha técnica
Editorial:
7
Año de edición:
EAN:
9788491511885
ISBN:
978-84-9151-188-5
Páginas:
128
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
Inmediata: Entrega en 24/48 horas

14,70 €

PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017
 Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para recoller o voo de  regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa: maletas, viaxeiros, altofalantes, rótulos publicitarios e rostros que se confunden con outros rostros a través do fume doutra viaxe.
 A viaxe interior, a viaxe do tempo.
 Coa linguaxe da evocación e da invocación, António Piñeiro tece nesta novela as revoltas das lembranzas no pensamento dunha muller. Memorias, desexos e devezos na febra dunha corrente de consciencia que  describe sutilmente, parágrafo a parágrafo, os recullos dunha época e  o misterio dunha historia de amor definitiva. Co pano de fondo da emigración galega a Europa, ese retorno vai acabar sendo o retorno da protagonista a si mesma, un regreso ás vivencias e enigmas do pasado. A relación cos pais, as promesas incumpridas, os soños desgastados, os  amores difíciles levan a novela a un final insólito. A través das sensacións, dos retrincos de imaxes, dos momentos, recendos e sons inesquecibles, aparece a potencia literaria dunha obra que, desde o abraio, deixa ao descuberto a historia oculta, íntima e dolorosa, dun drama persoal e colectivo.

Otros libros del autor

EN DIRECTO DESDE EL SIGLO PRIMERO
ORÍGENES DEL CRISTIANISMO
A identidade fascinada
LAS HILANDERAS
Miklós una vida dos pasiones